
Xosé A. Touriñán
Quen son?
Pois “Aquí tou!”, facendo un resumo da miña carreira profesional no teatro e no audiovisual. Nacín un 16 de marzo de 1980 en Culleredo e son presentador, produtor, director, humorista e, por suposto, actor.
Os meus inicios neste mundo da actuación remóntanse a 2002 con “Os dous de sempre”, dúo cómico que formei xunto con Marcos Pereiro. Foi coas “Cantareiras de Ardebullo” cando conseguimos grande éxito de público e comezou unha carreira chea de traballo. Sobre os escenarios protagonicei monólogos e espectáculos como Manolo Lojo, Monólogo do imbécil, Curtis & Teixeiro, Agora en serio, Somos Criminais, Unha noite na praia, Amigos ata a morte, Fariña, Somos Criminais 3, Aquí Tou! ou Recortes, caneos e outras formas de driblar.
Participei en programas e series galegas como Padre Casares, Air Galicia, Land Rober e Era visto! ou filmes como Cuñados. Presentei os programas Botarse ao monte, Tourilandia e Rutas Bizarras. A nivel estatal aparecín na pequena pantalla en series como Fariña, Pequeñas Coincidencias, Justo antes de Cristo, Antes de perder, El desorden que dejas ou Sin límites. Neste 2023 poderedes verme en Amigos hasta la muerte.
En 2022 debutei na dirección cinematográfica coa curtametraxe Nena.
Que fago?
Son cómico e actor. Podes verme nos teatros, na tele e no cine.
Onde podes atoparme?
ola@tourinhan.gal
881 946 972